Os ciclistas Ezequiel Mosquera e Perico Delgado, entre outros, participaron este mércores na presentación oficial do Gran Fondo Ézaro na Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se desenvolve en Madrid do día 17 ao 21 de xaneiro.

Cunha grande afluencia de público desenvolveuse o acto de presentación en FITUR desta nova edición do Gran Fondo Ézaro, que foi presentado polo xornalista Terio Carrera. No acto participaron tamén o director de La Vuelta a España, Javier Guillén, o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e a secretaria xeral para o Deporte da Xunta, Marta Miguez, ademais de numerosos alcaldes dos concellos que atravesa a ruta ciclista.

 

O deputado de Turismo, Xosé Regueira, destacou o potencial da proba para a promoción dos recursos da Costa da Morte nunha aposta "que combina paisaxe e deporte e supón un singular escaparate da beleza natural e patrimonial da comarca". O responsable da área de Turismo destacou a relevancia do deporte na oferta turística e, neste sentido, referiuse ás presentacións en edicións anteriores de FITUR de propostas como a Ruta dos Faros, o Camiño Inglés ou o Camiño de Santo André.

  • Zidane: "Hay que mirar lo que Bale ha hecho por el Real Madrid"

    El entrenador del Real Madrid, Zinédine Zidane, consideró que se hace "demasiado ruido" con la polémica generada con Gareth Bale y la bandera desplegada con su selección, pidiendo centrarse en "mirar lo que ha dado por este club" el galés,[…]